» » » » MANOLO RUIZ, NOVO PRESIDENTE DE AROUSA NORTE

MANOLO RUIZ, NOVO PRESIDENTE DE AROUSA NORTE

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

No día de hoxe A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte celebrou o primeiro pleno do 2020 no que o alcalde de Boiro, José Ramón Romero García, traspasou o mando da presidencia ao alcalde de Riveira, Manuel Ruíz Rivas. Neste acto de toma de posesión da Presidencia, o novo Presidente dou conta das liñas de traballo que rexerán na Mancomunidade neste 2020.

Unha das liñas é a promoción da Traslatio e da ruta a pé “A Orixe” na que se traballará sobre un espazo online que aúna toda a información de ambos Camiños e sobre unha promoción a nivel internacional do turismo náutico.

Unha segunda liña é a creación dunha oferta vinculada ao turismo deportivo xunto coa promoción da oferta de turismo ornitolóxico creada en colaboración co Salnés e que pon en valor os recursos naturais da Ría de Arousa. Co motivo de aunar esforzos, este ano, a Mancomunidade proponse establecer colaboracións interdestinos e traballar conxuntamente para unha promoción máis efectiva.

 No relativo á comercialización de oferta turística, desde a Mancomunidade estase estudiando a posibilidade de implementar un sistema de venta cruzada, de cara a mellorar a venta do produto turístico. A gastronomía é outra das liñas nas que se continúa traballando este ano e sobre a que haberá novidades respecto de anos anteriores. Proponse tamén atender unha das necesidades máis prioritarias: a sinalización turística e os sendeiros de Arousa Norte.

 Neste primeiro trimestre tamén se recuperan as mesas de traballo coordinado entre os catro concellos, nas que as áreas de turismo, cultura e deportes terán unha gran relevancia.

En dúas semanas, Arousa Norte presentará en Fitur 2020 o Camiño A Orixe, un percorrido por terra que acompaña o Camiño Xacobeo Mar de Arousa Río Ulla.

plenoMancomunidade_xaneiro_2020