» » » » ENTREGA DE PREMIOS ÁS PERSOAS GAÑADORAS DOS CIRCUÍTOS DE CARREIRAS POPULARES DE AROUSA NORTE

ENTREGA DE PREMIOS ÁS PERSOAS GAÑADORAS DOS CIRCUÍTOS DE CARREIRAS POPULARES DE AROUSA NORTE

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Catro carreiras, unha meta… o circuíto de carreiras que une aos municipios de Arousa Norte.

 

 

O vindeiro venres 10 de xaneiro ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Riveira, terá lugar a entrega de premios ás persoas gañadoras na cuarta edición do circuíto 4 Carreiras 1 Meta de Arousa Norte. Entregaranse premios ás distintas categorías gañadoras nas probas celebradas nos catro concellos da comarca, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Riveira.

Os premios a entregar son ás categorías absolutas, sub-10, sub-12, sub-14, sub-16, sub-18, sub-20, sub-23, sénior, grupos máster femeninas e masculinas, clubes federeados e asociacións, e á categoría de conciencia social destinada a persoas con diversidade funcional, “sapatilla inclusiva”.

O acto estará conducido por dous profesionais de ampla traxectoria e destacada proxección pública como son o xornalista deportivo Terio Carrera e a humorista galega Isabel Risco. O Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte “4 carreiras, 1 meta” en tres obxectivos fundamentais:

  1. Fomentar a práctica da actividade física como medio para alcanzar unha vida máis saudable
  2. Conectar as carreiras populares co turismo deportivo, cada vez máis en alza
  3. Artellar as catro carreiras populares barbanzanas nun circuíto máis amplo, que as faga conectarse co sentir comarcal que promove Arousa Norte

O Circuito conta co control técnico da Federación Galega de Atletismo e estivo organizado conxuntamente polos concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: A Pobra do Caramiñal, Riveira, Rianxo e Boiro.