» » » » AROUSA NORTE PROMOVE A TERCEIRA EDICIÓN DE VERMÚS MUSICAIS, QUE DELEITARÁ OS APERITIVOS EN AGOSTO CON MÚSICA EN DIRECTO AO AIRE LIBRE

AROUSA NORTE PROMOVE A TERCEIRA EDICIÓN DE VERMÚS MUSICAIS, QUE DELEITARÁ OS APERITIVOS EN AGOSTO CON MÚSICA EN DIRECTO AO AIRE LIBRE

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

presentacion_vermus_musicais_2018Os visitantes de que este mes de agosto se acheguen a Arousa Norte poderán gozar de música en directo ao aire libre os domingos, na hora do aperitivo, grazas a iniciativa Vermús Musicais que este ano alcanza a súa terceira edición, promovida pola Mancomunidade Arousa Norte e A Pousada Producións e na que colaboran os catro concellos da entidade.

O presidente da Mancomunidade e alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, presentou esta mañá, en Rianxo, a programación deste evento cultural que se desenvolverá de xeito simultáneo nos catro concellos de Arousa Norte durante os domingos do mes de agosto. Xosé Lois Piñeiro salientou o éxito das edicións anteriores e subliñou que este tipo de accións incrementan a proposta turística de carácter cultural, ademais de formar parte da axenda de eventos de Arousa Norte.

Así, durante este mes de agosto, un total de 10 grupos e/ou solistas deleitarán aos visitantes que se acheguen durante o tempo de aperitivo  calquera dos catro concellos de Arousa Norte. Segundo explicou o alcalde da Pobra, este municipio acollerá a actuación de The Groovy Dogs, The Big Lis Gumbo Band, Blackstereo e Álvaro Sieira, que actuarán, o 5, o 12 e o 26 de agosto e o 9 de setembro, respectivamente.

 

Pola súa banda, en Boiro, Álvaro Sieira actuará o 5 de agosto; Voodoo, o 12 de agosto; The Big Lis Gumbo Band o 19 de agosto e Moon Cresta, o 26. En Rianxo, participarán nesta inicaitiva O Sonoro Maxin, o 5 de agosto; Pedro Luis Ferrer e Lena, o 12; Nastasia Zurcher, o 19 de agosto e Tanxugueiras, o 26. Finalmente, en Riveira, Voodoo actuará o domingo, 5 de agosto; Moon Cresta, o 12; The Groovy Dogs, o 19 e Nastasia Zurcher, o 26 de agosto.

vermusmusicais_programa