» » » » AROUSA NORTE PRESENTA UNHA AXENDA CULTURAL DO BARBANZA

AROUSA NORTE PRESENTA UNHA AXENDA CULTURAL DO BARBANZA

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Arousa Norte é un territorio moi vivo e dinámico, social e culturalmente. Cada semana, concellos, asociacións e entidades privadas ofrecen unha ampla oferta de actividades culturais e lúdicas. “Creemos que é responsabilidade da mancomunidade Arousa Norte xestionar toda esta información e ofrecerlle a habitantes e visitantes unha axenda conxunta do que cada semana se pode facer nesta comarca” destacaba esta mañá o presidente da Mancomunidade Arousa Norte, Manolo Ruíz.

É por isto, que nace axendabarbanza.gal, unha web onde poder consultar información actualizada sobre o que a comarca ofrece. Esta web está construída sobre a coordinación de esforzos e a optimización de recursos dos catro concellos. Precisamente a coordinación de esforzos e a optimización de recursos son obxectivos principais desta Mancomunidade.

A axenda, presentouse en formato web, e na mesma pódense atopar distintas propostas culturais en función do concello no que se realice así como a tipoloxía de categoría na que se atopa: Cine, evento deportivo, exposición, presentación, ruta turística, visita guiada, concerto, representación teatral…

Tratase dunha iniciativa que está aberta a administracións públicas, asociacións, empresas privadas, que oferten actividades na comarca do Barbanza. Desde Arousa Norte animan a que esta ferramenta sexa un ben común creado de xeito participativo e horizontal e na que crear conxuntamente unha oferta de ocio entre os catro concellos destinada para a poboación comarcal e os visitantes potenciais.

A presentación da axenda cultural do Barbanza contou coa presenza de Domingo Arias e Alberto Pouso da empresa Triwus , encargados da creación da web,  Irene Maneiro, coordinadora técnica de Arousa Norte, os catro alcaldes dos concellos de Arousa Norte, así como algunha persoa representante de empresas turísticas que traballan na comarca.

Poderán obter máis información deste novo recurso na seguinte ligazón: https://axendabarbanza.gal/Inicio/