» » » » AROUSA NORTE E A ASOCIACIÓN AMIGOS DO CAMIÑO “A ORIXE” TRABALLAN COORDINADAMENTE PARA A PROMOCIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO

AROUSA NORTE E A ASOCIACIÓN AMIGOS DO CAMIÑO “A ORIXE” TRABALLAN COORDINADAMENTE PARA A PROMOCIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

A asociación Amigos do Camiño de Santiago – Barbanza “A Orixe” reuniuse cos alcaldes e persoal técnico da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte co fin de establecer unha coordinación e plan de traballo en relación ás accións previstas do Camiño de Santiago do Barbanza “A Orixe” 2020.

Desde a entidade supramunicipal apostan pola implicación dos colectivos asociativos da comarca como principais actores que interveñen no territorio. Nesta ocasión desde a asociación encargaránse de achegar os distintos percorridos que compoñen este camiño a través dunha exposición que xa estivo presente nos municipios de Riveira e na Pobra do Caramiñal e que nos vindeiros meses tamén chegará aos concellos de Boiro, Rianxo, Dodro e Padrón.

Como acción prevista, tamén se contempla a realización dunha peregrinaxe por etapas, así como a realización da sinalización completa do camiño.

Todas as accións previstas contarán coa promoción e difusión que se realizará desde Arousa Norte co fin de consolidar e promover este Camiño como unha ruta de peregrinaxe.