Sala Museo Municipal de Riveira

Un espazo para a historia e a cultura no centro de Riveira.

As dúas plantas deste museo son un testemuño máis da historia, a cultura e a economía de Riveira ao longo dos séculos; e mesmo fan un percorrido pola prehistoria destas terras, ricas en xacementos arqueolóxicos. Entre os centos de obxectos expostos, grazas en gran parte á solidariedade de particulares e á veciñanza da vila, é rechamante a colección de bonecas que recrea a variedade de traxes que se usaban para o día a día e para as festas ou romarías.

  • LOCALIZACIÓN: Sala Museo Municipal de Riveira, rúa de Galicia, 2
  • COORDENADAS: 42° 33´ 14´´ N / 8° 59´ 25´´ O
  • CORREO ELECTRÓNICO: museo@riveira.com
  • TELÉFONO: 981 873 595
  • PÁXINA WEB:http://turismo.riveira.es
  • HORARIOS: de luns de venres de 9.00 a 14.00 h
  • PREZO: de balde
  • IDIOMAS: galego e castelán
  • ACCESIBILIDADE: practicable para persoas con mobilidade reducida.