Museo Nos Nuco

Un espazo onde as esculturas falan de erotismo, relixión ou emigración.

En Rianxo hai un maior número de artistas por habitante que noutros lugares. Un pódeos atopar en calquera sitio, como no museo Nós Nuco, xurdido dunha iniciativa particular. Un pequeno enreixado conduce a un espazo tan inesperado como sorprendente. Nel, 150 esculturas dan forma ao erotismo, á relixión e a realidades, como a emigración, que marcaron a historia deste pobo mariñeiro. O seu autor, Nuco Losada, que espertou a súa vea creativa mentres viaxaba por traballo a lugares tan afastados como Nova Zelandia. O mar tamén foi, dalgún xeito, o seu compañeiro de viaxe nestas creacións.

  • LOCALIZACIÓN: rúa San Xosé, 15
  • COORDENADAS: 42° 39´ 19´´ N / 8° 48´ 47´´ O
  • CORREO ELECTRÓNICO: riodexeixos@hotmail.com
  • TELÉFONO: 981 860 285 / 635 396 255
  • PÁXINA WEB:
  • HORARIOS: de luns a sábado, de 18.00 a 21.00 h
  • PREZO: de balde
  • IDIOMAS: galego
  • ACCESIBILIDADE: non practicable para persoas con mobilidade reducida.