Fundación Museo de Artes del Grabado a la Estampa Digital

Un museo pioneiro en España rodeado de natureza.

Este museo podería localizarse en calquera núcleo urbano, pero en realidade atópase no medio da natureza e o verdor dos prados e campos de labranza, a escasos quilómetros de Riveira. É o primeiro museo do seu tipo creado en España e entre as súas paredes encerra unha colección de 18.000 estampas que percorren a historia da arte gráfica desde o século XV ata a actualidade. Unha colección repleta de firmas sobresalientes como Rubens, Goya, Dalí e Laxeiro, que convidan a reflexionar sobre a modernidade e a tradición que se unen na parroquia de Artes.

  • LOCALIZACIÓN: Artes, lugar de Outeiro, s/n
  • COORDENADAS: 42° 34´ 25´´ N / 9° 0´ 21´´ O
  • CORREO ELECTRÓNICO: fundartes@gmail.com
  • TELÉFONO: 981 871 342
  • PÁXINA WEB:
  • HORARIO:
    • Inverno: (dO 15 de outubro ao 30 de abril). De martes a sábado, de 10 a 15 h e de 16 a 18 h.
    • Verán: (1 de maio ao 14 de outubro). De martes a sábado de 10 a 14 h e de 16.30 a 19.30 h.
    • Festivos: aberto de 16.30 a 19.30 h.
  • PREZO: 2,4 €. De balde para maiores de 65 años, menores de 12 e estudantes.
  • IDIOMAS: galego e castelán
  • ACCESIBILIDADE: practicable para persoas con mobilidade reducida.