Foto del Centro Arqueológico do Barbanza

Un museo para comprender os restos e pegadas do pasado de Boiro.

Antes de realizar a «ruta das mámoas» ou visitar calquera xacemento arqueolóxico de Boiro, recoméndase visitar este museo. Este centro é como un Barbanza en miniatura, cheo de explicacións que axudarán a entender mellor os restos e pegadas do pasado deste concello.

As súas pallozas parecen sacadas dunha película e reconstrúen, case a tamaño real, como era a vida hai miles de anos. Neste museo pódese coñecer a vida dos nosos antepasados a través de moitos dos seus obxectos atopados no castro de Neixón, que está a uns metros de distancia.

  • LOCALIZACIÓN: lugar de Neixón, parroquia de Cespón
  • COORDENADAS: 42° 41´ 14´´ N / 8° 51´ 45´´ O
  • CORREO ELECTRÓNICO: info@centroarqueoloxicodobarbanza.org
  • TELÉFONO: 981 843 810
  • PÁXINA WEB:
  • HORARIOS: xoves e venres de 10 a 14 h e de 16 a 19 h / Sábados e domingos de 11 a 14 h e de 17 a 20 h.
  • PREZO: de balde
  • IDIOMAS: inglés, castelán e galego
  • ACCESIBILIDADE: adaptado para persoas con discapacidade visual e sala inferior practicable para persoas con mobilidade reducida.