Petroglifo dos Mouchos

Esta é a xoia da coroa dos petróglifos.

Rianxo poderíase chamar a terra dos petróglifos por albergar case 60 destes achados en poucos quilómetros. A xoia da coroa é o que está situado no lugar de Os Mouchos. Alí pódese ver como as pegadas das persoas que habitaron Rianxo, hai miles de anos, seguen intactas a través desta marca na pedra que evocan as inquietudes que tiñan os poboadores naquela época. Que quererían transmitir a través de gravados de cervos de gran tamaño e pescozo alongado?

  • LOCALIZACIÓN: lugar dos Mouchos, parroquia de Leiro.
  • COORDENADAS: 42° 38´ 30´´ N / 8° 47´ 34´´ O
  • CORREO ELECTRÓNICO: turismo@concelloderianxo.gal
  • TELÉFONO: 981 866 663 / 667 185 576
  • PÁXINA WEB: http://rianxo.gal
  • Incluído en ruta ou itinerario: Ruta arqueolóxica
  • ACCESIBILIDADE: non practicable para persoas con mobilidade reducida.