Petroglifo A Laxe das Cabras

Unha obra de arte sobre a rocha que mostra a intelixencia dos nosos antepasados.

Cando visitas esta obra de arte da Idade de Bronce terás a sensación de que che estaba esperando desde hai miles de anos. A localización da xigantesca roca entre as árbores e as pinturas de animais sobre ela evidencian que os seus autores querían mostrar a súa obra a todo o mundo e que perdurase. E non só se ve, senón que mostra a intelixencia dos habitantes da época, dado que debuxaron seis patas a cada animal. Quererían representar o movemento?

  • LOCALIZACIÓN: parroquia de Palmeira
  • COORDENADAS: 42° 34´ 56´´ N / 8° 59´ 2´´ O
  • CORREO ELECTRÓNICO: sanroqueturismo@gmail.com
  • TELÉFONOS: 686 587 000 / 981 873 007
  • PÁXINA WEB: http://turismo.riveira.es
  • ACCESIBILIDADE: non practicable para persoas con mobilidade reducida.