Dolmen de Axeitos

A morte estaba moi presente nas súas vidas.

Esta impresionante estrutura de pedra conecta a vida e a morte. A vida dos que gozaron hai séculos de todo o que esta terra xenerosa dá. Pero tamén a morte, a dos seus seres queridos.
Esta tumba honraba os seus antepasados e chegou ata os nosos días. Sen dúbida, o tempo respectou o enorme esforzo que supuxo levantala. Está considerado Ben de Interese Cultural (BIC).

  • LOCALIZACIÓN: parroquia de Santa María de Olveira
  • COORDENADAS: 42° 36´ 0´´ N / 9° 1´ 0´´ O
  • CORREO ELECTRÓNICO: sanroqueturismo@gmail.com
  • TELÉFONO: 686 58 70 00 / 981 87 30 07
  • PÁXINA WEB:http://turismo.riveira.es
  • ACCESIBILIDADE: Practicable para persoas con mobilidade reducida e con discapacidade visual.