Foto del castro do achadizo

Esta fortificación protexeu a vida de moitas familias.

Pola súa localización, os seus poboadores quizais non só fosen gandeiros ou agricultores, senón tamén comerciantes, bos coñecedores das posibilidades que ofrecía o mar. Sobrevivir era o obxectivo principal das súas xentes e, sen dúbida, esta contorna puido ofrecerlles tanto defensa como alimento. É difícil recoñecer a aparencia orixinal deste castro; o barrio construído case enriba demostra que, aínda que pasasen máis de 2.000 anos, moitas familias seguen elixindo este mesmo lugar para vivir en paz.