Castro de Neixón

Ás veces a historia atópase a través das pequenas cousas.

Polos restos atopados neste lugar, sabemos que as persoas que vivían aquí eran, fundamentalmente, pastoras e agricultoras. Pero, como bos galegos, non podían perder as delicias do mar: mexillóns, ostras e ameixas eran os seus mariscos favoritos. Dispuñan de obxectos cotiáns, como potas de cerámica, broches (fíbulas) e colgantes de bronce. Ata pezas de vidro de cores nas que gardaban aceites aromáticos! No seu día foron obxectos comúns, hoxe son excepcionais pezas de museo que nos axudan a entender a historia.