Casota do Páramo

A tumba milenaria que garda un misterioso gravado no seu interior.

Os antigos poboadores do Barbanza quixeron inmortalizar para sempre o culto aos seus seres queridos construíndo túmulos funerarios coma este. Como os tempos e os costumes cambian, nos seus miles de anos de historia a Casoupa do Páramo foi moito máis que unha gran tumba. Tamén serviu de refuxio para aqueles pastores que necesitaban protexerse do forte vento ou da choiva mentres coidaban do gando. O que si permanece ao longo do tempo é o misterioso gravado coa figura do sol e outro similar a unha copa. O seu significado queda aberto á interpretación e curiosidade do visitante.

  • LOCALIZACIÓN: lugar da Graña, na parroquia de Cures.
  • COORDENADAS: 42° 41´ 56´´ N / 8° 54´ 59´´ O
  • CORREO ELECTRÓNICO: info@centroarqueoloxicodobarbanza.org
  • TELÉFONO: 981 843 810
  • PÁXINA WEB: http://centroarqueoloxicodobarbanza.org
  • Incluída nunha ruta/itinerario: Ruta das Mámoas
  • ACCESIBILIDADE: non practicable para persoas con mobilidade reducida.