Mirador de Valle-Inclán

Foto del mirador de A Coruta

A brisa con cheiro a mar impregnará a visita.

Espectacular é a palabra que mellor define a panorámica desde este miradoiro.

Nun día despexado quizais a vista poida viaxar ata Portugal. Ata aquí chega a brisa cargada de sal que vén desde Santa Trega, desde as Illas Cíes, desde Ons… tamén desde a ría de Muros e Noia.

Pero o máis especial deste miradoiro é que se pode gozar ata cos ollos pechados. Ás veces as cousas que levamos para sempre das nosas viaxes son, precisamente, as que non se ven: as emocións. Aquí non se sabe cal elixir, todas elas atrapan ao visitante.

  • LOCALIZACIÓN: a Curota
  • COORDENADAS: 42° 36´ 58´´ N / 8° 58´ 15´´ O
  • CORREO ELECTRÓNICO: turismo@apobra.gal
  • TELÉFONO: 671 090 262
  • PÁXINA WEB:www.apobra.gal
  • ACCESIBILIDADE: practicable para persoas con mobilidade reducida e adaptado para persoas con discapacidade visual.