Casa da Costa y Centro de Interpretación de los Ecosistemas Litorales de Galicia (CIELGA)

Foto del CIELGA

Este complexo está situado dentro do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, polo que ten unha situación privilexiada para interpretar todo o que pasa nesta contorna natural única. No seu interior, pódese coñecer por que as costas de Corrubedo eran tan temidas polos barcos que as navegaban. Nelas naufragaron moitas historias e soños que viaxaban desde o norte de Europa a América ou á India. No museo atoparás tamén unha embarcación típica da zona, a dorna, que dá nome a unha das principais festas de Riveira.

  • LOCALIZACIÓN: lugar do Vilar-Carreira
  • COORDENADAS: 42° 33´ 12´´ N / 9° 1´ 39´´ O
  • CORREO ELECTRÓNICO: sanroqueturismo@gmail.com
  • TELÉFONO: 981 878 532
  • PÁXINA WEB:http://turismo.riveira.es
  • HORARIOS: en inverno abre de martes a domingo, de 10.30 a 13.30 h. No verán abre de 10.00 a 13.00 h e de 16.00 a 19.00 h, aínda que está sometido a variacións.
  • INCLUÍDA NA RUTA/ITINERARIORuta de senderismo SR-4
  • PREZO: de balde
  • IDIOMAS: galego e castelán
  • ACCESIBILIDADE: practicable para persoas con mobilidade reducida. Dispón dun ordenador para persoas con discapacidade visual.