Relatos persoais unidos polo mar

Logo de Alma do Mar

A través de pequenos relatos audiovisuais, varias persoas contan por que viven e traballan en Arousa Norte. As súas historias, contadas desde a emoción, transmiten con fidelidade o que poden atopar os visitantes neste recuncho de Galicia, no que ningún día é igual a outro. Desde antigos pescadores, percebeiros, empresarios e ata músicos, todos están unidos por un mesmo engrenaxe: o mar.