Foto de la Ruta Castelo de Vitres

Onde a pegada do home se xungue coa natureza.

O Castelo de Vitres ten tan boas vistas da ría de Arousa que subir ata esta cima é como ollar desde a árbore máis alta. Nesta ruta mestúrase a pegada do home ao longo da historia con fermosas paraxes da natureza, como os distintos ríos cos que nos cruzamos ou a fervenza que forma o río Lérez preto do cumio. No lugar no que comeza a calzada de pedra prohíbese a circulación de vehículos de motor para conservar o tramo que chegou ata os nosos días.

A pesar de atoparse no medio do bosque, hai partes da calzada que se conservan moi ben. Como puido construírse hai centos de anos cando o terreo era mesmo máis salvaxe?

  • PUNTO DE PARTIDA: aldeas de A Xarmea e Brazos
  • COORDENADAS:
    • A Xarmea: 42° 39´ 90´´ N / 8° 53´ 46´´ O
    • Brazos: 42° 40´ 50´´ N / 8° 53´ 68´´ O
  • CORREO ELECTRÓNICO: turismo@boiro.org
  • TELÉFONO: 981 842 654
  • PÁXINA WEB: www.boiro.org
  • PERCORRIDO (IDA E  VOLTA): 15,9 km
  • DURACIÓN: 6 h 30 min
  • NIVEL DE DIFICULTADE: media-alta
  • ACCESIBILIDADE: non practicable para persoas con mobilidade reducida