Foto de la ruta de Castelao

Un percorrido para seguir os pasos vitais de Castelao.

Os principais sitios que marcaron a vida e a obra de Castelao cobran vida neste itinerario, que non é unha ruta ao uso. Pódese partir desde a súa casa no centro histórico de Rianxo, que segue sendo propiedade da súa familia e non se pode visitar. No restaurante Feliciano soou por primeira vez a canción «A Rianxeira», un himno creado polos emigrantes e que recibiu a Castelao en Arxentina. O Pazo dos Viturro tamén ocupa un oco na memoria do escritor porque nel viviu o cacique Manuel Viturro, o seu inimigo político. O escritor deu estes mesmos pasos e ese será un pensamento que acompañe ao visitante durante o percorrido.

  • PUNTO DE PARTIDA: Casa de Castelao, rúa de Abaixo 42
  • COORDENADAS: 42° 39´ 3´´ N / 8° 49 8´´ O
  • CORREO ELECTRÓNICO: turismo@concelloderianxo.gal
  • TELÉFONO: 981 866 663 / 667 185 576
  • WEB: http://rianxo.gal
  • NIVEL DE DIFICULTADE: baixa
  • ACCESIBILIDADE: consultar previamente.