Foto de la Ruta Arqueológica

Unha viaxe polo paraíso dos petróglifos.

Se Galicia é coñecida como o país do mil ríos, Rianxo podería coñecerse como o paraíso dos petróglifos. Conta con case 60 enclaves e o máis coñecido é o dos Mouchos. Estes gravados sobre a rocha sobreviviron miles de anos á intemperie para contar as experiencias dos nosos antepasados en tarefas tan importantes como a caza.

A pesar de toda a tecnoloxía que temos hoxe en día, é difícil imaxinarse que moitos dos nosos documentos ou testemuños perduren intactos tanto tempo. Na ruta atópanse os túmulos funerarios dos Campiños ou os do Corniño. Neste último lugar, o que queda dos túmulos sobresae como pequenas montañas, rodeadas por camiños circulares de terra no que parecen as primeiras rotondas creadas polo home.

  • PUNTO DE PARTIDA: IES Félix Muriel
  • COORDENADAS: 42° 40´ 4´´ N / 8° 47´ 55´´ O
  • CORREO ELECTRÓNICO: turismo@concelloderianxo.gal
  • TELÉFONO: 981 866 663 / 667 185 576
  • WEB: http://rianxo.gal
  • PERCORRIDO (IDA E VOLTA): 10 km
  • DURACIÓN: 2 h e 30 min
  • NIVEL DE DIFICULTADE: media
  • ACCESIBILIDADE: non practicable para persoas con mobilidade reducida.