A chaira na que se celebra a romaría de San Ramón de Bealo, declarada de Interese Turístico de Galicia, é un lugar de festexos desde tempos inmemoriais. Unha das evidencias que leva a esta conclusión é a existencia de varios gravados en grandes rochas que hai a uns metros da ermida. Un destes gravados ten forma de serpe, símbolo da fertilidade hai miles de anos. Cada ano, decenas de mulleres personifican o ritual da fertilidade pedindo a San Ramón un fillo. Se visitas este enclave o 31 de agosto, comprobarás que no ambiente respírase unha fusión de tradición católica co espírito dos antigos cultos pagáns.

  • LOCALIZACIÓN: ermita de San Ramón de Bealo (Boiro)
  • COORDENADAS: 42° 42´ 1´´ N / 8° 50´ 43´´ O
  • CORREO ELECTRÓNICO: turismo@boiro.org
  • TELÉFONO: 981 842 654
  • PÁXINA WEB:www.boiro.org
  • ACCESIBILIDADE: practicable para persoas con mobilidade reducida.