Festa do Percebe

En Aguiño réndese homenaxe a este gran crustáceo que se agocha nas rochas máis batidas da costa.

Se hai algún marisco de Galicia que sobresae por encima dos demais, este é o percebe, e sobre todo o de Aguiño, parroquia que desde 1997 réndelle homenaxe a este prezado crustáceo recolleito nas rochas máis batidas, cunha gran festa gastronómica ao seu redor. Se a isto lle engadimos as actividades paralelas pensadas para todo tipo de públicos, o éxito está garantido.

  • LOCALIZACIÓN: Aguiño (Riveira)
  • COORDENADAS: 42.519679, -9.019249
  • CORREO ELECTRÓNICO: sanroqueturismo@gmail.com
  • TELÉFONO: 686 587 000 / 981 873 007

Festa da Xouba

Unha gastronomía con identidade.

Esta festa celébrase en Rianxo o 25 de xullo, Día de Galicia e do Apóstolo Santiago. Que mellor maneira de conmemorar o día de todos os galegos que gozando cun dos produtos máis característicos das nosas costas, e tan vinculado ademais a Rianxo como a xouba!

A xouba, sardiña pequena coñecida tamén como parrocha noutros lugares de Galicia, é un delicioso peixe azul que os mariñeiros desta vila pescan de forma artesanal empregando a arte do xeito. As capturas recóllense das redes a man e unha a unha, co que o resultado que se consegue é un produto mimado, insuperable e de sabor exquisito.

Podes pasar o día participando nas actividades lúdicas e de exaltación dun dos produtos estrela da ría de Arousa: a xouba de Rianxo.

  • LOCALIZACIÓN: Porto de Rianxo – Paseo Riveira, 12115920 Rianxo, A Coruña
  • COORDENADAS: (42.650292, -8.822061)
  • CORREO ELECTRÓNICO: turismo@concelloderianxo.gal
  • TELÉFONO: 667185576 /  981866381
  • PÁXINA WEBwww.concelloderianxo.gal
  • ACCESIBILIDADE: practicable para persoas con mobilidade reducida.

Exaltación do mexillón

Unha homenaxe ao ouro negro da ría de Arousa.

Esta festa gastronómica celébrase no mes de agosto en Cabo de Cruz, onde o mexillón se converte en protagonista. Durante os días de celebración, este ouro negro da ría de Arousa pode probarse cociñado de diferentes formas e coñecer o traballo que hai detrás de tan prezado produto.

  • LOCALIZACIÓN: Porto de Cabo de Cruz. Lugar Pesqueira, 105. 15939 Boiro, A Coruña (42.616050, -8.885675)
  • CONTACTO: turismo@boiro.org
  • TELÉFONO: 981 842 654
  • PÁXINA WEB:www.boiro.org
  • ACCESIBILIDADE: practicable para persoas con mobilidade reducida.

Semana do mar da Pobra do Caramiñal

Descubre os significados do mar para os habitantes da Pobra.

Na Pobra o mar tamén significa tradición, gastronomía, historia, traballo e medio ambiente.  Por iso anualmente, e durante unha semana, esta vila rende homenaxe ao mar cunha variada programación de actividades que viran arredor destes aspectos. Degustacións de produtos nos locais da zona, rutas mariñeiras que convidan a coñecer A Pobra desde a perspectiva do mar, actividades para os máis pequenos, exposicións de aparellos de pesca, mercado mariñeiro, exposicións fotográficas, limpeza de fondos mariños…, todo isto e moito máis é o que che ofrece a Semana do Mar da Pobra, onde se poden descubrir os amplos significados da palabra mar.

  • LOCALIZACIÓN: A Pobra do Caramiñal
  • COORDENADAS: 42° 36´ 16´´ N / 8° 56´ 20´´ O (se corresponde con CCA OdEan)
  • CORREO ELECTRÓNICO: turismo@apobra.gal
  • TELÉFONO: 671 090 262
  • ACCESIBILIDADE: practicable para persoas con mobilidade reducida.