Foto de la Fiesta de Guadalupe

O mar está moi presente na historia de Rianxo, e tamén nas súas festas. Cantas veces se ten a oportunidade de asistir a unha romaría que se celebra nun barco navegando por unha ría tan apracible como a de Arousa? Nas festas da Guadalupe fano desde hai máis de 150 anos. Os festexos, declarados de Interese Turístico de Galicia, celébranse o domingo seguinte ao día 8 de setembro e prolónganse durante unha semana (de venres a venres). O domingo, o mar ten o seu protagonismo, xa que despois dunha misa na capela da Guadalupe ten lugar a procesión marítima. O seguinte xoves destaca a celebración do «feirón» mariñeiro, pero o momento máis emotivo prodúcese o último día dos festexos: na praza de Castelao, miles de persoas coas súas bengalas entoan ao mesmo tempo a canción popular «Rianxeira».

  • LOCALIZACIÓN: diversas localizacións (consultar na oficina de turismo do concello)
  • CORREO ELECTRÓNICO: turismo@concelloderianxo.gal
  • TELÉFONO: 981 866 663 / 981 860 075
  • PÁXINA WEB:http://rianxo.gal
  • ACCESIBILIDADE: consultar previamente.