Foto del Monumento a Manuela

Para comprender mellor por que en Rianxo se produciu ese matrimonio tan duradeiro entre a literatura e o mar, existe unha signoguía (adaptada a persoas con discapacidade auditiva) e unha audioguía. A través delas percórrense os recunchos da vila que permitirán entender esa dependencia. Lugares tan sinxelos como a lonxa son en realidade puntos que unen eses dous mundos, o marítimo e o terrestre.