QUE É A MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS AROUSA NORTE?

É unha entidade pública local de ámbito supramunicipal, creada en 1974 para mancomunar servizos entre os concellos que forman a comarca do Barbanza (A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Riveira), situados na zona norte da ría de Arousa (provincia da Coruña).

En 2002 a Mancomunidade céntrase nun dos seus obxectivos, o turismo, implantando accións para consolidar Arousa Norte como un destino turístico diferenciado e de calidade, dentro do panorama nacional e internacional.

Na actualidade, Arousa Norte fortaleceuse como destino grazas, en boa medida, á súa posta en valor mediante a colaboración e sensibilización co sector empresarial e a poboación local.

 

QUE É AROUSA NORTE?

É natureza, acougo e calidade.

Arousa Norte son catro vilas mariñeiras habitadas por xente de carácter aberto e hospitalario, que farán que o viaxeiro se sinta coma na súa propia casa.

A localización, no corazón da costa atlántica galega, e unhas boas infraestruturas de comunicación fan que o destino resulte facilmente alcanzable. A fértil ría de Arousa, que baña estes catro concellos, é unha das máis prestixiosas e recoñecidas a nivel mundial pola nobreza con que os seus produtos tinguen a súa gastronomía.

Complementado cunha considerable conservación do patrimonio natural, permite gozar de todo tipo de actividades ao aire libre en paraxes únicas e salvaxes como o Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo, as lagoas de Carregal e Vixán, ou o amplo abano de praias e rutas de sendeirismo que se ofrecen.

Grazas á extensa rede de recursos