Coche

Coche

Situada no suroeste da provincia da Coruña, Arousa Norte é un territorio ben comunicado coas máis importantes urbes galegas: o acceso pola autovía do Barbanza AG-11 á autoestrada do Atlántico AP-9 comunica rapidamente Arousa Norte con cidades próximas como Santiago de Compostela ou Pontevedra, ou as cidades máis distantes de Vigo, A Coruña e Ferrol. O acceso a Arousa Norte pola AC-305 permite ademais un paseo polas diferentes vilas que conforman o territorio: vilas mariñeiras, centros urbanos e pequenas aldeas rurais.

DISTANCIAS EN KM (municipio de Boiro como punto de referencia):

  • Santiago de Compostela: 53 km. Tempo estimado: 45 minutos.
  • Pontevedra: 55 km. Tempo estimado: 45 minutos.
  • Vigo: 82 km. Tempo estimado: 1 hora.
  • A Coruña: 126 km. Tempo estimado: 1 hora e 23 minutos.
  • Ferrol: 144 km. Tempo estimado: 1 hora e 35 minutos.
  • Ourense: 151 km. Tempo estimado: 1 hora e 37 minutos.
  • Lugo: 184 km. Tempo estimado: 2 horas

 

Autobús

Bus

Arousa Norte ten unha liña de autobús que percorre os seus catro concellos e a comunica con Santiago de Compostela (percorre unha distancia de 70 km aprox. nunha hora).

  • Empresa: Arriva Noroeste
  • Teléfono oficinas: 981 330 046
  • Teléfono atención ao cliente: 902 277 482
  • PÁXINA WEBwww.arriva.es
  • Ruta:

Venta de billetes: Trainline

Tren

Tren

A estación de tren máis próxima a Arousa Norte está en Padrón (localizada a 20 minutos, a una distancia de 28 km aprox.).

Para chegar ata Arousa Norte en transporte público pódese realizar un enlace co autobús (Santiago – Riveira), na estación de autobuses de Padrón (a 10 min. andando da estación de tren).

Para consultar frecuencias, horarios e prezos,  consulte www.renfe.es

  • Empresa: Renfe
  • Teléfono: 981 59 60 50 y 902 240 202
  • Axuda a viaxeiros con discapacidade: 902 24 05 05
  • PÁXINA WEBwww.renfe.es

Venta de billetes: Trainline

 

Avión

Mapa aeropuertos

En Galicia hai tres aeroportos: Lavacolla en Santiago de Compostela, Alvedro na Coruña e Peinador en Vigo.

O aeroporto máis próximo a Arousa Norte é o de Santiago de Compostela (localizado a unha distancia dunha hora, a 50 km aprox.).

Para chegar ata Arousa Norte en transporte público pódese realizar unha ligazón co autobús (Santiago – Riveira), na estación de autobuses de Santiago de Compostela (a 12 km aprox. do aeroporto, dende o que se pode acceder en taxi ou autobús).

  • Empresa: Aena
  • Teléfono: 902 404 704
  • PÁXINA WEBwww.aena.es
  • Teléfono Aeroporto de Lavacolla: 981 59 74 00