A serra da Barbanza e a ría de Arousa son os enclaves naturais que delimitan o espazo de Arousa Norte. As súas terras acollen os municipios da Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Riveira, tamén coñecidos conxuntamente como comarca do Barbanza.

Situada no suroeste da provincia da Coruña, Arousa Norte é un territorio ben comunicado coas máis importantes urbes galegas: o acceso pola autovía do Barbanza AG-11 á autoestrada da Atlántico AP-9 comunica rapidamente Arousa Norte con cidades próximas como Santiago de Compostela ou Pontevedra, ou as cidades máis distantes de Vigo, A Coruña e Ferrol. O acceso a Arousa Norte pola AC-305 permite ademais un paseo polas diferentes vilas que conforman o territorio: vilas mariñeiras, centros urbanos e pequenas aldeas rurais.

DISTANCIAS EN KM (municipio de Boiro como punto de referencia):

  • Santiago de Compostela: 53 km. Tempo estimado: 45 minutos.
  • Pontevedra: 55 km. Tempo estimado: 45 minutos.
  • Vigo: 82 km. Tempo estimado: 1 hora.
  • A Coruña: 126 km. Tempo estimado: 1 hora e 23 minutos.
  • Ferrol: 144 km. Tempo estimado: 1 hora e 35 minutos.
  • Ourense: 151 km. Tempo estimado: 1 hora e 37 minutos.

Lugo: 184 km. Tempo estimado: 2 horas