Sobre Nós
A Mancomunidade Arousa Norte naceu da necesidade de levar a cabo estratexias para o desenvolvemento sostíbel da bisbarra canalizando un esforzo coordinado dende os catro concellos que a compoñen. A dinamización turística, que implica a posta en valor de recursos e a mellora e creación de empresas turísticas, ou a integración laboral, son eidos nos que a Mancomunidade se ten consolidado, grazas ó compromiso intermunicipal e ó labor dun equipo multidisciplinar de profesionais.
Se desexa participar neste proxecto común contacte con nós achegándose á sede da Mancomunidade Arousa Norte no segundo andar da praza do Concello de Boiro, chamando ó 981 84 52 36 ou escribindo a correo@arousa-norte.com.