» » » » Xornalistas portugueses especializados en turismo cultural coñecen a oferta de Arousa Norte

Xornalistas portugueses especializados en turismo cultural coñecen a oferta de Arousa Norte

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Arousa NorteUn grupo de oito xornalistas do norte de Portugal especializados no sector turístico da cultura visitaron este domingo distintos enclaves de Arousa Norte co fin de coñecer a oferta turística desta zona. A xerente da Mancomunidade acompañounos nesta visita que estivo promovida desde Turismo de Galicia.

Os xornalistas portugueses visitaron pola mañá o Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán onde puideron coñecer todos os detalles deste enclave natural que se estende ao longo de 996,25 hectáreas e no que viven unha media de 2.300 individuos. Coa duna móbil como principal atracción, o parque natural de Corrubedo é o máis visitado de toda Galicia cunha media anual de 300.000 visitantes.

Posteriormente, a delegación portuguesa visitou a vila de Corrubedo para pola tarde, dirixirse nunha embarcación á illa de Sálvora, que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas e que está recoñecida como destino starlight polas súas características óptimas para a observación nocturna das estrelas.

Durante a visita, os xornalistas portugueses interesáronse por todos os atractivos desta  zona. Neste sentido, Maruxa Ledo destacou o patrimonial arquitectónico e arqueolóxico con dolmens e castros como algunhas das súas principais manifestacións e toda a cultura mariñeira que impregna os catro concellos de Arousa Norte. Ademais, subliñou a gastronomía que xira en torno ao produto rei desta ría, o mexillón, así como o atractivo natural e paisaxístico.

Os grupo de profesionais portugueses estaba integrado por xornalistas de medios do país luso como Público ou Lusa Axencia de Noticias, ademais de bloggers e fotógrafos.

 

 

Dejar un comentario