» » » » Un total de 13 grupos actuarán nos catros concellos de Arousa Norte na II Edición dos Vermús Musicais

Un total de 13 grupos actuarán nos catros concellos de Arousa Norte na II Edición dos Vermús Musicais

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Un total de 13 grupos de Arousa Norte serán o encargados de poñer as notas musicais que amenizarán os Vermús Musicais que encherán as rúas dos catro concellos de Arousa Norte este mes de agosto. O presidente da Mancomunidade, Adolfo Muíños, salientou “a importancia de iniciativas deste tipo, eminentemente cultural, que dinamizan o contorno social e económico dos nosos concellos ao tempo que supoñen un atractivo máis para os turistas que nos visitan durante este mes”.

Adolfo Muíños participou na presentación da segunda edición dos Vermús Musicais, á que tamén asistiron a xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo; o produtor dos Vermús Musicais, Suso Santamaría, e a artista local gañadora dos Premios Martín Códax de Música, Sonia Lebedynski. O acto celebrouse na terraza do Mercado Municipal de Riveira.

Durante a presentación, Maruxa Ledo eloxiou a iniciativa na medida en que “integra perfectamente a promoción dos artistas locais e a gastronomía e a oferta hostaleira de Arousa Norte nun elemento de ocio e divertimento que fai que sexa unha oferta singular para todos os que se achegan a Arousa Norte estes días”.

Pola súa banda, Suso Santamaría salientou que tódolos domingos desde o 6 de agosto ata o 10 de setembro, os Vermús Musicais amenizarán cadansúa rúa nos catro concellos que integran Arousa Norte. ”Serán un total de 13 grupos e 16 actuacións para amosar o mellor da nosa cultural musical do momento”, subliñou.

Finalmente, Sonia Lebedynski puxo en valor a iniciativa na medida en que “aposta polos intérpretes e grupos locais para darnos mais visibilidade ao tempo que se reivindica a importancia da cultura autóctona e propia neste mundo cada vez máis globalizado.

vermus_musicais1

vermus_musicais2

Dejar un comentario