» » » » Touroperadores xaponeses interésanse por novos productos turísticos centrados no mar e a natureza

Touroperadores xaponeses interésanse por novos productos turísticos centrados no mar e a natureza

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Arousa Norte Produtos centrados no mar e na natureza ademais das festas locais tradicionais son algunhas das demandas que lle trasladaron dous dos principais touroperadores que traballan Galicia como destino turístico á xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo. A responsable da Mancomunidade mantivo este xoves varias reunións de traballo cos directivos de Mikami Travel e G2Travel na capital nipona.

Concretamente, o presidente de Mikami Travel, Masaru Mikami, interesouse pola oferta hostaleira de Arousa Norte, así como pola súa capacidade para recibir turistas nipóns que buscan algo alternativo e complementario á tradicional visita da Santiago de Compostela. Maruxa Ledo participou nunha reunión de traballo con todo o equipo directivo da operadora turística xaponesa, encabezado pola súa directora xeral, Yasuko Ichikawa.

Pola súa banda, o director de Mercados de G2Travel, Shin Terayama, destacou que teñen como obxectivo incrementar o número de pernoctas dos turistas nipóns en Galicia que nestes momentos está en 3-4 noites, polo que están a demandar novos produtos turísticos relacionados co turismo mariñeiro e o de natureza.

Neste sentido, Maruxa Ledo destacou que “precisamente o valor paisaxístico e a natureza son algúns dos principais recursos turísticos da zona, con boas comunicacións os puntos de entrada de turistas a Galicia e que ademais Arousa Norte está a promocionar a súa proposta natural a través dun novo sendeiro polo litoral da Mancomunidade vinculado á ruta da traslatio que rememora a chegada a Galicia dos restos do Apóstolo”.

Dejar un comentario