» » » » Touroperadores nacionales expertos en turismo accesible coñecen a oferta turística de Arousa Norte

Touroperadores nacionales expertos en turismo accesible coñecen a oferta turística de Arousa Norte

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Turismo accesibleUn total de touroperadores nacionais especializados en turismo accesible desprazáronse este mércores a Arousa Norte para coñecer de primeira man a oferta turística dos catro concellos.

O programa incluíu unha visita ao Mirador da Curotiña, onde puideron contemplar a maxestuosa vista sobre a Ría de Arousa. A continuación, visitaron o Dolmen de Axeitos como mostra do patrimonio arqueolóxico das terras de Arousa Norte, e o Centro de Interpretación do Parque Dunar de Corrubedo e Lagoas de Vixán e Carregal. Para rematar a xornada de mañá,o grupo desprazouse aos Estaleiros Triñanes.

Pola tarde, puideron ser partícipes da ruta sensitiva do mexillón cunha visita a bordo dunha embarcación a unha das bateas instaladas na Ría de Arousa e con explicacións baseadas nas percepcións e sensacións. Para rematar a súa estanza en Arousa Norte, o grupo dos touroperadores visitaron o Centro de Interpretación de Neixón.

A xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo, acompañounos durante parte da súa visita e valorou especialmente os recursos no ámbito sensitivo cos que conta Arousa Norte. “Este é un valor máis que singulariza a completa oferta turística que temos nesta comarca”, asegurou Maruxa Ledo.

Dejar un comentario