» » » » Touroperadores e profesionais do sector gastronómico eloxian en Xantar “A frescura e variedade” da oferta turística de Arousa Norte

Touroperadores e profesionais do sector gastronómico eloxian en Xantar “A frescura e variedade” da oferta turística de Arousa Norte

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Arousa Norte está a espertar o interese de touroperadores e profesionais especializados no sector turístico gastronómico, segundo o puideron constatar  vicepresidente de Arousa Norte e alcalde de  A Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, e a xerente da entidade, Maruxa Ledo, no marco da 18ª edición da feira Xantar, en Ourense. Os responsables de Arousa Norte están a manter na xornada de hoxe distintas reunións con profesionais do sector turístico que coinciden en destacar “a frescura e a variedade da nosa oferta turística na que se combinan atractivos do turismo da natureza, cultural, gastronómico e arquitectónico”, afirmou a xerente.

Arousa Norte participa en Xantar 2017 cun stand propio no que cada día se ofrecen degustacións de propostas elaboradas sobre a calidade e diversidade dos produtos do mar da Ría de Arousa e dos cultivados e recoletados nas terras dos catro concellos que conforman Arousa Norte: A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Riveira.

Arousa Norte en XantarAdemais, Maruxa Ledo reuniuse durante a mañá e no marco do I Workshop de Turismo Gastronómico Xantar, con responsables de Los Cazaventuras, Viavinum, Tee Travel, A Taste of Spain, Escapada Rural, Siente Galicia, Five Sensations e Halcón Viajes. Pola tarde, continua a rolda de contactos con reunións con Omonia, Luamar e Yutravel. Todos estes axentes amosaron o seu interese por coñecer a oferta gastronómica e da natureza de Arousa Norte.

Arousa Norte continuará a súa programación en Xantar este venres tamén con degustacións no seu stand e cun showcooking a cargo do cociñeiro Iñaki Bretal que discorrerá baixo o título de Gastronomía para os sentidos.

Dejar un comentario