» » » » Siradella, Ziralla Primero e Orlando fanse coa primeira edición do Trofeo Arousa Norte

Siradella, Ziralla Primero e Orlando fanse coa primeira edición do Trofeo Arousa Norte

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

regataons_siradellaDe éxito pódese cualificar esta primeira convocatoria do Trofeo Arousa Norte de vela grazas, en boa parte, ás condicións meteorolóxicas que reinaron durante toda a xornada de navegación.

Cunha previsión inicial de brisa ou ventolina, o nordeste mandou durante todo o día, insuflando unha compoñente que mantivo unha media de 12 a 16 nós de intensidade.

Cun pequeno adiamento na auga, mentres o Comité da regata posicionaba a boia de saída e montaba o desmarque, o vento reinante ás 11 da mañá nas inmediacións da Mariña de Cabo de Cruz, na que se atopa o Club Náutico Boiro, xa daba boas mostras de que o trazado ía ser rápido e para tripulacións compactas e con experiencia.

Deste xeito, poucos minutos despois, soaba o bocinazo de saída, navegando nun primeiro instante os veleiros cara á posición do desmarque, situada a 0,7 millas e en sentido contrario ao rumbo que lles levaría ata Ons.

Tras virar esta primeira marca, todas as embarcacións izaron spinnaker, sendo empuxados desde a popa ata o Faro de Camouco, sen arrialo en ningún momento os das Divisións de Regata e Cruceiro/Regata na súa circunnavegación de Ons e Onza en sentido norte-sur, arriándolo na virada e retorno á Ría de Arousa.

O barco máis rápido foi o Siradella, de Francisco Gude e César Álvarez. O veleiro, que defende a grímpola do Real Club Náutico Portosín, investiu un tempo de 2 h 51´ 33¨, levándose o triunfo na categoría dos Regata.

Na clase Cruceiro Regata a I Volta a Ons foi para o Ziralla Primeiro, de Ramón Barreiro, do Real Club Náutico Portosín, empregando para iso un tempo de 3 h 6 ´48.

Por último, a División dos Cruceiro navegaban 10 millas menos que as outras clases, tendo por obxectivo virar o Faro de Camouco sen circunnavegar as illas. O Trofeo Arousa Norte foi para o Orlando, de Vitoria Facal e Gerardo Sánchez-Brunete, do Club Marítimo de Oza, cun tempo de 5 h 48 ´27¨.

regataons_orlando regataons_ziralla