» » » » REMATA A RUTA DE TAPAS ESTA FIN DE SEMANA NO CONCELLO DE RIVEIRA

REMATA A RUTA DE TAPAS ESTA FIN DE SEMANA NO CONCELLO DE RIVEIRA

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

A V edición da ruta de tapas “Arousa Norte + que tapas” remata  esta fin de semana nos locais participantes do Concello de Riveira.

A ruta de tapas comenzará en Riveira o venres 29 ás 20.00 h  ata ás 23.00 h. O público poderá degustar as tapas por un prezo de 2,50 euros nos seguintes locais: Cocoluche, A Bodega, Esmorga, A Recoveira, O Tear, O Niño do Cuco e Aljan.O sábado 30 de novembro e domingo 1 de decembro, a ruta de tapas seguirá en horario de mañá (de 12.00 a 14.00 h) e en horario de tarde (de 20.00 a 23.00 h).

Como actividade complementaría, o venres 29 ás 21.30h no Auditorio Municipal de Riveira, poderase ver: A Panadería, “Elisa e Marcela” e o sábado 30 de 12.00 a 14.00 h estará o sumiller Juan Figueroa Treus, que aconsellará aos clientes dos establecementos que viño tomar con cada tapa.

Como elemento a destacar, para a apertura da ruta de tapas en Riveira, os tres primeiros clientes en pedir unha tapa nos locais participantes terán como premio unha entrada para o concerto de Julián Maeso o 30/11/2019 na Pousada da Galiza Imaxinaria en Boiro. Ademais todos os participantes na ruta de tapas entran nun sorteo de 4 bonos gastronómicos e un concerto exclusivo que terá lugar antes de que finalice este ano 2019.

Este ano, a ruta de tapas conta con suxerencias dos establecementos participantes en edicións anteriores, xa que este ano se fai nun dos concellos do Barbanza cada fin de semana, en lugar dos catro concellos á mesma vez.

Os bodegueiros dos “Viños da Terra de Barbanza e Iria”, Antonio Saborido e Francisco Crussat, colaboran coa ruta propoñendo maridar as tapas. Os establecementos participantes terán os viños para todos aqueles que queiran saborear estes caldos de renome.