» » » » OS CONCELLOS DA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS AROUSA NORTE DESENVOLVEN CONXUNTAMENTE UNHA ESTRATEXIA PARA ATENUAR O IMPACTO SOCIOECONÓMICO XERADO POLO COVID-19

OS CONCELLOS DA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS AROUSA NORTE DESENVOLVEN CONXUNTAMENTE UNHA ESTRATEXIA PARA ATENUAR O IMPACTO SOCIOECONÓMICO XERADO POLO COVID-19

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Seguindo as indicacións da FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) os alcaldes do Concello da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro; do Concello de Boiro, José Ramón Romero; do Concello de Rianxo, Adolfo Muíños e do Concello de Ribeira, Manuel Ruíz acordan actuar conxuntamente con prudencia e de forma concreta para atenuar os impactos socioeconómicos xerados pola crise do COVID-19.

A situación actual provocada pola crise do COVID 19 está tendo un gran impacto na economía municipal dos Concellos. A disminución dos ingresos xerados polos impostos e as taxas así como a previsión a curto prazo da reducción da transferencia que o Estado fai aos Concellos pronostica un futuro con incerteza. Por este motivo é necesario conter e asegurar a prestación de servizos municipais e actuar con prudencia.

Tamén o impacto económico afecta considerablemente á veciñanza da comarca, aos sectores produtivos, ao sector servizos, ás empresas e persoal autónomo. É por este motivo que os concellos da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte propoñen unha estratexia conxunta que minimice os impactos xerados por esta crise mundial sen perxuízo das medidas concretas que cada concello está implementando.

Polo exposto, proponse:

  1. En canto ao cobro de impostos, tasas e prezos públicos xa devengados propóñense medidas tales como a suspensión temporal, a ampliación do prazo de cobro e facilidades de pago.
  2.  

  3. En canto aos prezos públicos e tasas por actividades ou ocupación de espazo público que se desenvolverían durante o estado de alarma, propoñeranse medidas tales como a devolución do ingreso non prestado, a non prescripción temporal de bonos, pagos trimestrais,etc. ou a súa validez para períodos similares tan pronto se levante o estado de alarma.
  4.  

  5. Aquelas rebaixas tributarias que supoñan unha merma importante nos ingresos previstos para o ano 2020, deberían trasladarse ás ordenanzas fiscais a aprobar para o ano 2021.
  6.  

  7. Os Concellos poderán bonificar o imposto de construcción,instalaciones y obras en función das suas posibilidades cando sexan orientadas a conservación ou mellora do emprego.
  8.  

  9. Os novos plans de dinamizacion económica, emprego, emerxencia social e de axuda a particulares, autónomos e empresas perxudicadas parcial ou totalmente na sua actividade, deberían de ser canalizados a través da incorporación do propio remanente ou ben do plan que a Diputación Provincial leva a cabo cos seus remanentes.

 

Os catro concellos integrantes da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, en base á realidade e ás posibilidades de cada un, aplicarán estas medidas co fin de garantir as sutentabilidade dos servizos municipais e minimizar os impactos sociais e económicos orixinados polo COVID-19.

logotipo Arousa Norte - Mancomunidade de municipos