» » » » OBRADOIROS PARA A MELLORA DA XESTIÓN TURÍSTICA EN AROUSA NORTE- BARBANZA

OBRADOIROS PARA A MELLORA DA XESTIÓN TURÍSTICA EN AROUSA NORTE- BARBANZA

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Hoxe martes 12 de novembro deu comezo ás 9.30 a formación para o sector empresarial turístico sobre a mellora da xestión turística cun total de 23 alumnos.

A impartición de esta formación correrá da man do IESIDE (Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa, A Fundación Obra Social Abanca) e está subvencionada pola Deputación da Coruña.

Inauguración_cursos_turismo

 

Á inauguración do curso asistiron o Presidente da Mancomunidade e alcalde de Boiro, o alcalde da Pobra do Caramiñal e a Coordinadora institucional de IESIDE, que resaltaron a importancia da formación no sector xa que  o sector turístico en Galicia representa máis do 10% do PIB e o 11% do emprego xerado en Galicia, un peso económico e estratéxico que tras unha perspectiva favorable atópase rodeado de incertezas (Brexit, desaceleración económica, incremento do proteccionismo) que requirendun importante esforzo en innovación e en mellora da xestión das empresas do sector turístico.

Conscientes desta situación, ponse en marcha un conxunto de accións formativas para a mellora da capacitación dos profesionais do sector turístico no seu ámbito xeográfico. Resulta necesario un proceso de profunda transformación sectorial coa sensibilización dos empresarios e directivos xa que son eles quen poden iniciar procesos de transformación nos seus negocios para achegar ferramentas, modelos e destrezas que permitan mellorar a xestión das súas empresas e os resultados das mesmas.

 

Neste programa seleccionáronse dúas áreas de gran atractivo para as empresas do sector:

  • A comunicación dixital: se en calquera sector a relación co cliente a través dos soportes e medios dixitais (internet, redes sociais,…) crece de modo exponencial, no turismo fíxose imprescindible dominar o dixital como ferramenta de detección, captación e fidelización.
  • O desenvolvemento de habilidades e destrezas persoais: sen entrar en contradición co anterior, a relación persoal, sobre todo cos clientes e usuarios, segue sendo fundamental á hora de poñer en valor a nosa oferta turística, e as claves para optimizar esta recaen tanto oumáis no ámbito das destrezas persoais que nos coñecementos, destrezas que é posible e desexable adestrar.

A continuación incluímos información detallada de cada obradoiro:

OBRADOIRO 1: A MELLORA DA COMUNICACIÓN DIXITAL (Na Cofraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal, de 9.30 a 14.30 h e de 16.00 a 19.00 h)

Día 12/11/19

SEMINARIO 1: COMO OPTIMIZAR O POSICIONAMENTO DA TÚA WEB.

  • Cómo funciona Google.
  • Factores que melloran o teuposicionamento nos buscadores.
  • Ferramientas SEO.
  • Planificación de proxectos SEO.
  • Métricas.
  • Copywriting para SEO.
  • Casos prácticos.

Día 19/11/19

SEMINARIO 2: A XESTIÓN PROFESIONAL DE REDES SOCIAIS COMO FERRAMENTA DE CAPTACIÓNE FIDELIZACIÓN DE CLIENTES.

  • Estratexias de comunicación. Pasos para definila.
  • Coñece os teus clientes.
  • Características e vantaxes.
  • Organización do traballo. Planificación de contidos.
  • Métricas en redes sociais: nº de seguidores, alcance, conversións,…
  • Ferramentas de monitorización, planificación e seguimento.
  • Casos prácticos.

Día 26/11/19

SEMINARIO 3: COMO CONVERTER A TÚA WEB NUNHA FERRAMENTA DE VENTA.

  • Conceptos de usabilidade. Deseño centrado no usuario.
  • Estruturas de navegación.
  • Versión responsive.
  • Ferramentas de prototipado e análise.
  • Principais CMS (sistemas de xestión de contidos) do mercado.
  • Deseño de landingpages.
  • Obradoiro práctico de análise.

PROFESORADO

JOSÉ ALCAÑIZ LORENZO

Bachelor en Economía pola Universidad de Buckingham. MBA por IESIDE. Experto en Gamificación pola Wharton School (Universidade de Pennsylvania). Foi responsable de produto en Emetel Sistemas, responsable de Área de Negocio en ExternalWare Ibérica, CMO de Wakaiti, fundador de vino-albarino.com e xerente de Buscadestinos.com. Actualmente é CEO de Esterea Comunicación Digital. Profesor colaborador na área de Marketing dixital de IESIDE, ICEMD, Feuga ou a Universidade de Santiago de Compostela.

OBRADOIRO 2: O DESENVOLVEMENTO DE HABILIDADES E DESTREZAS PERSOAIS (no Viveiro de Empresas de Espiñeria en Boiro, de 9.30 a 14.30 h e de 16.00 a 19.00 h)

Día 13/11/19.

SEMINARIO 1: DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN DE PRODUTO E SERVIZO TURÍSTICO:OBRADOIRO DE SERVICE & DESIGN THINKING.

  • Creatividade vs. Innovación vs. Deseño.
  • Innovación disruptiva.
  • Service&designthinking: ferramentas de deseño centrado no usuario.
  • A experiencia de usuario.
  • Proceso de deseño innovador centrado nas persoas:
    • Comprender
    • Observar
    • Definir
    • Idear
    • Prototipar
    • Testear
    • Implementar
  • Customer–FocusedInnovation: innovación centrada no cliente aplicada ao sectorTurístico

20/11/19.

SEMINARIO 2 : A MELLORA DA COMUNICACIÓN INTERPERSOAL E A XESTIÓN DECONFLITOS.

  • A xestión das relacións. O que constrúe versus o que destrúe.
  • O conflito nas persoas.
  • Etapas do conflito nos equipos.
  • Pensamento lateral na resolución de conflitos.
  • Tipoloxía de persoas: comportamento e formas de comunicar.
  • Como son de asertivo? Iso que sempre quixen dicir e non che dixen.
  • A tres ‘C’ que xestionan as relacións: confianza, escoita activa e empatía.

Día 27/11/19

SEMINARIO 3:  A ATENCIÓN AO CLIENTE E AS SÚAS CLAVES DE ÉXITO.

  • A atención ao cliente e o enfoque cliente: a organización atenta.
  • Por que ter unha atención ao cliente profesionalizada?
  • A xestión do cliente desde a satisfacción e a experiencia de cliente (o journeymap).
  • Os momentos da verdade.
  • As claves da atención ao cliente.
  • A atención telefónica.
  • Xestión de queixas e reclamacións.
  • A avaliación da atención ao cliente e a fidelización.

PROFESORADO

GONZALO GARRE RODAS / Seminario 1

Facilitador certificado en LEGO® SERIOUS PLAY®. Especialista en creatividade, innovacióne marketing. Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. MBA e Curso Avanzado en Xestión Comercial e Estratexia de Vendas por IESIDE. Foi consultor en EOSA Consultores,director dos programas MBA e Máster SAP en IESIDE, Marketing Advisor en Hacce SolucionesTIC e coordinador de Marketing e Desenvolvemento de Negocio de IESIDE. Actualmente é CMO de Livetopic e profesor colaborador de IESIDE.

CARMEN BLANCO TEIJEIRO / Seminario 2

Licenciada en Psicoloxía Social e do Traballo pola Universidade de Santiago. MBA e Curso Superioren Dirección de RRHH por IESIDE. Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas de Asturias. Foi consultora en desenvolvemento organizacional, e directora de Recursos Humanos de AMSLab. Actualmente é socia-consultora en Equaltecnia e profesora-colaboradora de IESIDE.

JUAN CARLOS VEZ VÁZQUEZ / Seminario 3

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e Executive MBA por IESIDE. Foi xefe de vendas División FoodService de Pescanova Alimentación S.A.; director comercial do grupo Pescapuerta; adxunto á dirección xeral e directorcomercial e marketing do grupo Presas; director comercial e marketing de Rodman Polyships, S.A.U.; adxunto á dirección xeral de Conservas Antonio Alonso, S.A. e director xeralde Blu:Sens. Na actualidade é socio fundador – director xeral de Ideas and Innovation for Business e profesor da área de dirección comercial e marketing de IESIDE.