» » » » O XEODESTINO AROUSA NORTE PRESÉNTASE EN FITUR

O XEODESTINO AROUSA NORTE PRESÉNTASE EN FITUR

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Este xoves Arousa Norte estará presente na Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur 2020. Desde a Mancomunidade levarán os bens culturais, paisaxísticos e gastronómicos a esta feira de referencia no país.

Esta semana presentarase o vídeo que narra a historia do camiño terrestre que acompaña á Ruta Xacobea Mar de Arousa Río Ulla. Unha oportunidade para contar toda a lenda relacionada coa ruta marítima e amosar os símbolos da tradición Xacobea de interese para futuros visitantes que sintan atracción polo acompañamento a pé do “traslado do Apóstolo na Barca de Pedra”

Manolo Ruiz e Irene Maneiro, acompañados polos alcaldes dos concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra do Caramiñal e da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza serán os encargados de introducir ás persoas visitantes no territorio Arousa Norte a través da proxección audiovisual do camiño “A Orixe”.

A Mancomunidade tamén aposta por estar presente ao longo de todos os días que dure a feira, tendo presenza e visibilidade no stand de Turismo de Galicia, onde atoparán o xeodestino da comarca do Barbanza como unha alternativa de turismo sostible.