» » » » O TRAIL SERIES AROUSA NORTE COMEZA ESTA FIN DE SEMANA CON MÁIS DE 100 INSCRITOS NO CIRCUÍTO

O TRAIL SERIES AROUSA NORTE COMEZA ESTA FIN DE SEMANA CON MÁIS DE 100 INSCRITOS NO CIRCUÍTO

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

trail Arousa NorteO Trail Series Arousa Norte comezará esta fin de semana, concretamente, o domingo 28 de xaneiro, co Trail da en Riveira. O presidente de Arousa Norte, Xosé Lois Piñeiro, presentou hoxe o Trail Series 2018 que se desenvolverá polos catro concellos desta entidade desde este domingo ata o 29 de abril deste ano. Trátase dun circuíto de carreiras populares da modalidade trail (campo a través) que percorre os catro concellos de Arousa Norte e que “esperta o interese de veciños de toda a comarca pero tamén resulta atractiva para afeccionados e amantes do deporte ao aire libre”, subliñou o alcalde da Pobra do Caramiñal.

Na presentación tamén estiveron presentes, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, e o de Boiro, Juan José Dieste, e o concelleiro de Deportes de Riveira, Anxo Orellán, ademais da xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo, e o director deportivo de Arousa Neo, Eduardo Iglesias. O presidente de Arousa Norte destacou ademais que “este ano vén con importantes novidades que amosan o afán por medrar deste evento deportivo e que vén a sumarse ás posibilidades que ofrece Arousa Norte para a práctica deportiva ao aire libre”.

Pola súa banda, a xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo, subliñou que evento coma este “poñen en valor o contorno natural de Arousa Norte e axúdandos a promovelo como un lugar axeitado para todo tipo de deportes ao aire libre”, atraendo así a un perfil específico de visitantes. Neste sentido, Maruxa Ledo apostou por sumar esta cita deportiva á axenda de eventos propia que se está configurando en Arousa Norte e que contribúe a desestacionalizar o turismo.

Pola súa banda, o director deportivo de Arousa Neo, Eduardo Iglesias, destacou a excelente acollida do Trail Series que xa supera o cento de inscritos nas catro probas e que rolda os 150 no Trail da Cidá que terá lugar este domingo. Este percorrido cobre unha distancia de 14,3 quilómetros cun desnivel de 691metros. A saída realizarase desde a Praza do Concello de Riveira ás 11.00 horas.

A seguinte cita será o 18 de febreiro co Trail de San Isidro (A Pobra do Caramiñal) , para continuar o 1 de marzo co Trail de Bealo (Boiro) e o 8 de abril co Trail de Castro Barbudo (Rianxo). O Ultratrail do Barbanza será o 29 de abril deste ano e incluirá como novidade unha andaina que se sumará aos tradicionais minitrail, trail e ultratail, de 20, 35 e 60 km, respectivamente.

Todos os inscritos no Trail Series teñen premio só por participar, xa que na bolsa de corredor que se lle entregará na primeira proba levarán varios agasallos cedidos por entidades patrocinadoras do circuíto. Ademais, aos corredores que completen a totalidade das probas regalaráselle unha camiseta que os acreditará como finalistas do mesmo. Os trofeos que se entreguen aos gañadores son pezas artesanais, polo que a organización amosa o seu desexo de incentivar e manter a artesanía local.