» » » » O touroperador Miki Tourist aposta por incrementar produtos turístico e traer máis grupos a Galicia

O touroperador Miki Tourist aposta por incrementar produtos turístico e traer máis grupos a Galicia

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

 

Arousa Norte en JapónA xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo, vén de manter esta tarde (mañá en Galicia) unha reunión co equipo directivo dun do principais touroperadores xapoñés, Miki Tourist, no que e abordou a intención da multinacional de incrementar o número de grupos, así como a oferta de produtos turísticos en Galicia. A xerente de Arousa Norte salientou que o atractivo dos catro concellos –A Pobra, Boiro, Rianxo e Riveira- é o adecuado para facelo, xa que o contorno garda unha similitude con Xapón en canto a paisaxes e respecto polo medio mariño.

O director xeral de Miki Tourist, Tetsunori Dambara, destacou que o touroperador está traballando na “promoción de novos destinos e planificación de novos produtos, así como no incremento medio de estadías que neste momento está entre as 8 e as 10 noites”. Neste sentido, Maruxa Ledo subliñou que esta podía ser una excelente oportunidade para Arousa Norte de cara a promocionar a súa oferta natural, paisaxística, patrimonial e gastronómica, especialmente nun país co que comparte un pasado ligado ao mar.

Así, Maruxa Ledo destacou que en Arousa Norte existe toda unha cultura mariñeira, na que salientou a próspera industria conserveira con presenza a nivel internacional grazas ao seu volume de  exportacións, e á carpintería de ribeira como un dos atractivos específicos para os xaponeses que eloxian e defenden a sustentabilidade do medio mariño e as artes tradicionais.

A axenda de traballo da xerente de Arousa Norte continúa este xoves con encontros cos responsables de MKI, MIKAMI e G2TRAVEL, nos que se abordarán as tendencias actuais do mercado xaponés e o calendario para poder presentar novas propostas de produtos turísticos.

 

Dejar un comentario