» » » » O PRESIDENTE DE AROUSA NORTE VALORA O ESCAPARATE QUE REPRESENTA INTUR PARA A PROXECCIÓN DE AROUSA NORTE NO MERCADO NACIONAL

O PRESIDENTE DE AROUSA NORTE VALORA O ESCAPARATE QUE REPRESENTA INTUR PARA A PROXECCIÓN DE AROUSA NORTE NO MERCADO NACIONAL

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Feria Intur 2 Arousa Norte

O presidente da Mancomunidade Arousa Norte e alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, visitou esta mañá o stand de Arousa Norte na Feira Internacional de Turismo de Interior (INTUR) de Valladolid, onde valorou especialmente “o escaparate que representa esta cita turística para a proxección de Arousa Norte no mercado nacional”.

Xosé Lois Piñeiro desprazouse esta mañá á capital de Castela León para supervisar in situ o novo stand que estreou precisamente Arousa Norte nesa feira. O novo espazo está realizado en material ecolóxico e sostible e suscita o interese dos visitantes por orixinal e polo que representa en canto ao respecto ao medio ambiente.

O presidente de Arousa Norte constatou como os touroperadores e axentes turísticos están a interesarse por propostas turísticas locais baseadas no turismo cultural, paisaxístico e natural, onde as rutas de sendeirismo para persoas que viaxan soas ou para familias son especialmente valoradas. Neste sentido, os profesionais do sector turístico valoran a senda litoral de Arousa Norte pola combinación de todos estes atractivos.

A Feira Intur Galicia continúa ata o vindeiro domingo, 25 de novembro, e conta con máis 300 expositores nacionais e internacionais. Durante estes días, a organización da Feira Intur espera superar os 44.000 visitantes rexistrados na última edición.

A xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo, tamén participou na rolda Intur Negocios, na que mantivo encontros con axentes e touroperadores do sector. Arousa Norte difunde neste evento a súa ruta Senda Litoral, as rutas náutica e a motor, así como a Guía de Arousa Norte e o folleto  Arousa Norte, Paraíso Encontrado.