» » » » O Circuito Catro Carreiras e unha Meta comeza na Pobra o 27 de agosto e remata en Boiro o 3 de decembro

O Circuito Catro Carreiras e unha Meta comeza na Pobra o 27 de agosto e remata en Boiro o 3 de decembro

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

O presidente da Mancomunidade Arousa Norte e alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, presentou esta mañá, no mirador da Pedra da Moura, na Pobra do Caramiñal,a segunda edición do Circuíto Catro Carreiras e unha meta que integra as catro carreiras populares que discorren polos catro concellos de Arousa Norte. Adolfo Muíños salientou que esta iniciativa trata de “fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable ao tempo que potencia os escenarios naturais e paisaxísticos cos que contamos en Arousa Norte a través dos percorridos de cada unha das carreiras que discorren polos nosos municipios”.

Catro Carreiras e unha MetaAdemais, engadiu que “Arousa Norte está a facer un esforzo considerable non só por situarse entre un dos destinos de Galicia con máis personalidade, senón tamén por xerar unha axenda propia de eventos, na que se atopa, por suposto, o Circuíto Catro Carreiras e unha meta”.

Neste sentido tamén se pronunciou a xerente de Arousa Norte destacando que “o Circuíto Catro Carreiras e unha meta é un das iniciativas propias que de seguro vai a ter un longo percorrido e que nos axudará a atraer visitantes fóra dos meses de verán, contribuíndo así á desestacionalización do turismo e ao desenvolvemento socioeconómico da comarca”.

As bases do Circuíto están a disposición de todos os interesados na web de Arousa Norte (www.arousa-norte.es) e poden participar no evento todas aquelas persoas que o desexen, sexan federados/as ou non. Así, os corredores de carreiras son aqueles deportistas adultos e menores de idade que se inscriben nunha ou en varias das probas das que se compón o circuíto pero que non participan na competición do circuíto e os corredores do circuíto son deportistas adultos que se inscriben co obxectivo de completar as catro probas do circuíto. Estes atletas entran na clasificación particular das probas nas que participan e tamén na clasificación xeral do circuíto. Deberán facer unha única inscrición e correr obrigatoriamente con chip e dorsal facilitado para as catro carreiras que compoñen o circuíto.

As probas desenvolveranse de acordo co seguinte calendario:

  • 27 de agosto: IX Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal
  • 30 de setembro: XX Carreira Popular Santa Uxía
  • 1 de novembro (previsible pero aínda sen concretar): V Carreira Popular Concello de Rianxo
  • 3 de decembro: XIII Carreira Popular Mar de Boiro.

O prazo de inscrición está aberto tanto para os que queiran anotarse no Circuíto Catro Carreiras e unha meta coma para os que o farán unicamente na  IX Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal.

Dejar un comentario