» » » » O BARBANZA PITCH&PUTT ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA A PRIMEIRA PROBA DO CIRCUÍTO AROUSA NORTE 2019

O BARBANZA PITCH&PUTT ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA A PRIMEIRA PROBA DO CIRCUÍTO AROUSA NORTE 2019

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Nesta terceira edición do circuíto, a proba de apertura, que leva o nome do Concello da Pobra do Caramiñal, comezará esta fin de semana. Os xogadores poderán escoller entre o venres 15, sábado 16 e o domingo 17 para a disputa da primeira xornada do circuíto arraigada en toda a comarca do Barbanza e parte de Galicia.

Moitos son os xogadores que esperan esta cita porque a diferenza do resto de torneos, este decídese pola regularidade do xogo, sento os gañadores finais os que máis puntos consigan en 3 ou 4 probas do circuíto. Ó circuíto agárdase que acudan xogadores de Boiro, Rianxo, Riveira, A Pobra do Caramiñal, Santiago de Compostela, Ordes, A Coruña, Betanzos e Monforte de Lemos.

As probas disputaranse en fines de semana alternos, onde a última xornada será o sábado 14 de decembro, xornada especial na que se realizará a entrega de todos os campeóns de cada proba e ós campeóns do circuíto 2019, todo isto amenizado por un gran sorteo de regalos acompañado dunha degustación de viños para todos os participantes.