» » » » MI MANDA PICONE PROCLÁMASE GAÑADOR DA IV EDICIÓN DO CONCURSO + QUE TAPAS

MI MANDA PICONE PROCLÁMASE GAÑADOR DA IV EDICIÓN DO CONCURSO + QUE TAPAS

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

entrega premios Máis que Tapas 2019Dende o 22 de novembro ao 9 de decembro deste pasado ano a cargo da empresa Rede Comunicación, as fins de semana tivo lugar na Macomunidade de Arousa Norte a IV edición do concurso +Que Tapas. Esta contou con 16 establecementos de toda a comarca dos cales o xurado popular valoraba a presentación e o produto da súa tapa.

O concurso enriqueceuse con actuacións musicais de diferentes estilos, Loren Tevra, Blow, Trío de Ases máis The Wonderminds. Ademais, contou cun pasarrúas de música tradicional en cada localidade, toda unha ledicia!

Nesta edición Mi Manda Picone coa súa tapa conformada con navalla confitada con sfoglia crocante e pesto de nabizas sobre escuma de boniato e mexillóns, proclamouse cunha media case perfecta entre o produto e a presentación ante o resto de concursantes.

O segundo premiado e case nas portas da primeira posición foi Barbanza Golf cunha tapa dun rollito de polo con salsa ciruela sobre puré de patacas e boletus. Por último e non menos importante, A Recoveira sitúase na terceira posición coa súa tapa de hamburguesa de boletus e castaña, con cachelos deluxe e salsa de viño mencia. Todas boísimas!

Os gañadores son premiados con agasallos en metálico de 500, 300 e 200 euros máis un diploma. Sortearanse dúas ceas entre as persoas participantes para escoller entre os establecementos que concursaron.

Ademais, o gañador desta edición optou por doar o seu premio en metálico á Asociación Contra o Cancro da Pobra do Caramiñal.

Tratáronse dunhas xornadas de mezcla da gastronomía barbanzana máis desfrutar da música en sintonía, cunha media de ventas e coñecemento dos locais moi positiva cos premios repartidos entre A Pobra do Caramiñal, Boiro e Riveira.