» » » » María Vilas, Adrián Mosquera, Os Clubs Deportivo e de Remo Cabo de Cruz, O Natural Sportvidelgi, Lardo Moure, Jealsa Novoa recibiron os premios ao deporte Arousa Norte

María Vilas, Adrián Mosquera, Os Clubs Deportivo e de Remo Cabo de Cruz, O Natural Sportvidelgi, Lardo Moure, Jealsa Novoa recibiron os premios ao deporte Arousa Norte

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

O presidente de Arousa Norte, Adolfo Muíños, destacou esta tarde o compromiso de Arousa Norte co deporte “porque só deste xeito, fomentando o deporte e a vida saudable, nos estamos comprometendo co futuro desta comarca e co futuro de Galicia”. Adolfo Muíños facía estas declaración no acto de entrega dos Premios ao Deporte Arousa Norte que recoñeceron nesta primeira edición o traballo e o esforzo dos deportistas María Vilas, Adrián Mosquera, os Clubs Deportivo e de Remo Cabo de Cruz, os dous de Boiro, o Natural Sporvidelgi de Riveira, Jealsa Rianxeira como empresa patrocinadora e Pepe Moure, Ricardo Riveiro, Juan Carlos Brión e Xosé Manuel Novoa.

Gala Deporte Arousa Norte

O alcalde de Boiro, Juan José Dieste, deu a benvida a todos os asistentes a este acto destacando que “todo Boiro enorgullécese hoxe de ser a capital do deporte arousán e incluso do deporte galego, ao congregar nesta Casa da Cultura unha excelente mostra do potencial deportivo da nosa comarca e de toda Galicia”.

Nun acto conducido polo xornalista deportivo Terio Carrera e ao que tamén asistiu a deputada provincial Ánxela Franco, tamén se fixeron entrega dos premios do Circuíto Catro carreiras e unha meta 2016 que se disputou polos catro concellos da Mancomunidade.

Nesta proba resultaron gañadores na modalidade masculina Akka Essaadaoui, Juan Antonio Gude Vila e Jose Lojo Riveira, como primeiro, segundo e terceiro clasificados, respectivamente. Na modalidade feminina, quedou de primeira Rocío Alvite Ferreiro, de segunda, Lara Buig Fernández e de terceira Natalia Lorenzo Perez. Tamén recibiu un premio o club SD Barbantia Roda por aportar o maior número de inscritos e o Colexio Galaxia tamén por ter o maior número de nenos inscritos.

O presidente de Arousa Norte tivo palabras de ánimo para estas dúas entidades destacando que “para eles, o noso recoñecemento e a nosa encomenda de que continúen fomentando a práctica do deporte como un modo de vida saudable”.

Referíndose aos Premios ao Deporte Arousa Norte, o presidente da Mancomunidade subliñou que este evento vén a inaugurar unha serie de accións propias que teñen como obxectivo actuar como atractivo turístico para poñer en valor a calidade da oferta de Arousa Norte como un destino singular nas posibilidades que ofrece Galicia ao visitante.

“Pero non só se trata disto –apuntou-, senón tamén de recoñecer a todos aqueles deportistas da nosa comarca que sobresaen cada día, desde o esforzo, a competición, a dedicación e a entrega naquelas disciplinas ás que teñen entregada a súa vida profesional ou case profesional”.

Adolfo Muíños felicitou a todos os galardoados e encomendounos a convertérense, desde este mesmo día, “ en embaixadores de Arousa Norte en todas aquelas competicións nas que participen”.

Dejar un comentario