» » » » Máis de 100 turoperadores internacionais interésanse na Toxa pola proposta turística de Arousa Norte

Máis de 100 turoperadores internacionais interésanse na Toxa pola proposta turística de Arousa Norte

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Arousa NorteA xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo, vén de participar esta mañá nun workshop con turoperadores turísticos internacionais de Europa e EEUU organizado por Turgalicia na Illa da Toxa. A xerente da Mancomunidade destacou o interese que espertou a oferta turística de Arousa Norte entre os asistentes que a cualificaron como “fresca, atractiva e moi completa”.

Durante as entrevistas, Maruxa Ledo salientou a proposta de Arousa Norte en canto a contornos naturais coma o Parque Nacional de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, así como outros entre os que se atopan os distintos miradoiros desde os que se poden contemplar espectaculares panorámicas da Ría de Arousa.

Maruxa Ledo tamén destacou a proposta gastronómica, centrada en boa medida no produto rei da Ría de Arousa, isto é, o mexillón que se complementa cunha variedade de produtos da horta cultivados e recollidos nesta zona. Isto da lugar “a unha excelente gastronomía que se suma aos atractivos de Arousa Norte”.

A xerente da Mancomunidade tamén salientou a cultura mariñeira dos catro concellos da zona, con numerosos museos en torno á mesma e cunha proposta de deportes náuticos e de ocio vinculada a esta faceta turística. Ademais,  subliñou os atractivos derivados do patrimonio arquitectónico e arqueolóxico e os eventos propios de Arousa Norte coma o circuíto de carreiras populares 4 Carreiras e 1 meta que supoñen un atractivo máis para os visitantes.

No workshop, organizado por Turgalicia no marco do programa España Reload de Turespaña, participaron turoperadores chegados de Alemaña, Bélxica, Austria, Dinamarca, EE.UU, Finlandia, Francia, Holanda, Irlanda, Italia, Noruega, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suíza.

.

Dejar un comentario