» » » » AROUSA NORTE UNICIA UNHA INXENTE ACTIVIVIDADE PARA DIFUNDIR ESTE DESTINO NA FEIRA INTUR DE VALLADOLID

AROUSA NORTE UNICIA UNHA INXENTE ACTIVIVIDADE PARA DIFUNDIR ESTE DESTINO NA FEIRA INTUR DE VALLADOLID

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Feria Intur Arousa NorteA Mancomunidade Arousa Norte estará a participar deste xoves, 22 de novembro, ata o vindeiro domingo, 25 de novembro, cun stand propio na Feira de Turismo de Interior INTUR de Valladolid, onde ademais difundirá información sobre os atractivos turísticos dos catro concellos. A xerente da Mancomunidade, Maruxa Ledo, tamén participará na rolda de encontros con axentes turísticos nacionais e internacionais.

Arousa Norte participará por primeira vez cun espazo propio realizado con materiais ecolóxicos e sostibles nos que primará a información sobre a localización da comarca, e onde se proxectarán, de xeito ininterrompido, distintos vídeos promocionais sobre os atractivos turísticos de carácter cultural, gastronómico, paisaxístico e patrimonial dos catro concellos.

A Feira Intur de Valladolid abrirá as súas portas este xoves, 22 de novembro, e permanecerá aberta ata o vindeiro domingo. Durante estes días, máis de 300 expositores amosarán as principais novidades no turismo de interior do territorio español e manteranse reunións de traballo entre axentes nacionais e internacionais.

Tamén este xoves, dará comezo nos catro concellos de Arousa Norte o concurso gastronómico Arousa Norte, +Que Tapas no que participarán dezasete establecementos da comarca. Desde esta data ata o 9 de decembro, sempre en fin de semana de xoves a domingo, os visitantes de Arousa Norte poderán coñecer as novas propostas gastronómicas que realizarán os hostaleiros do Barbanza a modo de tapa.

As valoracións dos clientes serán as encargadas de outorgar os tres premios do concurso Arousa Norte, +Que Tapas. Ademais, este xoves terá lugar o primeiro dos catro concertos musicais que incluirá a programación do +Que Tapas. Concretamente, o grupo Loren Tevra tocará no Restaurante Nojira a partir das 21.30 horas.