» » » » Arousa Norte suscita o interese de turoperadores alemáns cunha experiencia virtual da Ría de Arousa

Arousa Norte suscita o interese de turoperadores alemáns cunha experiencia virtual da Ría de Arousa

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Arouse Norte está a espertar o interese e a curiosidade de turoperadores e axentes turísticos alemáns coa experiencia virtual denominada Arousa Norte VR:#batea360, na que se amosa a beleza e singularidade da Ría de Arousa. A xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo, destacou que “está a ser un reclamo interesante para todos aqueles que se achegan ao stand de Turespaña e que poden deste xeito, coñecer, a través das novas tecnoloxías, algo tan específico da nosa paisaxe como son as nosas rías, e en concreto, a Ría de Arousa”.

ITB Berlin Arousa NorteArousa Norte está a participar, a través de Turespaña, na feira internacional de turismo de Berlín ITB Berlin, que se desenvolve desde este mércores ata o vindeiro domingo, 12 de marzo.  Durante a primeira xornada, Maruxa Ledo mantivo varias reunións de traballo con turoperadores e axentes turísticos entre os que se atopaban Studiosus Reisen, un turoperador alemán líder en Europa no segmento das viaxes culturais.

Ademais, a axenda de reunións de Arousa Norte inclúe tamén xuntanzas con axentes especializados en turismo de natureza, trekking, aventura e turismo cultural. Neste sentido, Maruxa Ledo reunirase con responsables de Ad Up Technology, ReiseMission, Cono Sur, FIT Reisen, Travel & Personality, Schulz Aktiv Reisen, Geotura, Ravenala Touristik, AT Reisen, VinTour, Ruge Reisen, entre outros.

Dejar un comentario