» » » » Arousa Norte recupera unha ruta a pé vinvulada coa marítimo fluvial da traslatio

Arousa Norte recupera unha ruta a pé vinvulada coa marítimo fluvial da traslatio

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

AsTresCruces en RianxoA Mancomunidade Arousa Norte traballa na recuperación dunha ruta a pé vinculada coa ruta marítmo-fluvial da traslatio dos restos do Apóstol Santiago que discorre polo litoral norte da ría de Arousa e pola beira da desembocadura do río Ulla. A xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo, salientou que con esta actuación “trátase de potenciar os recursos naturais de Arousa Norte poñendo en valor un percorrido vinculado coa tradición xacobea”.

Neste sentido, Maruxa Ledo destacou que os traballos de recuperación do sendeiro natural están a constatar a existencia de referencias heráldicas, tallas de imaxes, igrexas, cruceiros e mesmo alusións a un antigo hospital para peregrinos que vinculan esta comarca coa tradición xacobea.

A xerente de Arousa Norte salientou que “esta oferta suporá un atractivo máis para a comarca, sobre todo para aqueles turistas que buscan novas paraxes e gozan da natureza”. Neste sentido, subliñou que este sendeiro de Arousa Norte discorre polo litoral dos catro concellos “ofrecendo ao visitante espectaculares vistas da Ría de Arousa e da Serra do Barbanza”.

O novo sendeiro de Arousa Norte virá a engadirse á oferta da natureza desta comarca onde destacan, entre outros moitos activos, o Parque Natural das Illas Atlánticas, no Sálvora está recoñecida como destino Starlight como punto de excelente luminosidade para a observación nocturna das estrelas; ou o Complexo Dunar de Corrubedo e das Lagoas de Vixán e Carregal , que inclúe a espectacular duna móbil e un incomparable contorno, ou as pozas naturais do Río Pedras.

Dejar un comentario